Fondo cabecera Concello de Carballedo
Inicio » Turismo » Historia

Historia

Pedra de muíño castrexo atopada en Carballedo

A creación do Concello de Carballedo data de 1840, e nela xogou un papel importante Don José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, que foi Bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Coa creación deste municipio decretouse a supresión do Concello de Asma, que comprendía a conca do río homónimo ata a confluencia coa de Comezo. Das parroquias que o compoñían, integraronse tódalas da marxe dereita, excepto as de Santa Cruz e Santa Eugenia de Asma.

A capitalidade do municipio situouse, nun primeiro momento, en Carballedo, sufrindo traslados sucesivos a San Mamede de Lousada, Penaboa, Buciños, Chouzan, Castro e A Barrela, onde continúa na actualidade.

Polo que se refire á historia máis antiga, en Carballedo sitúase unha das primeiras testemuñas do cristianismo en Galicia: nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego datado no século IV e encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma.

Tamén hai mostras de vestixios medievais como son as igrexas monasteriais románicas de Sto. Estevo de Chouzan e de San Xoán de A Cova e de vestixios castrexos, deixados polos celtas tralo seu asentamento no século VIII, coma o Castro de Morgade, o Castro de Buciños, o Castro e Castriño de Papelle, o Castro de Touza, Mámoas de Vilar de Monte, etc.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es