Entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, no suroeste da provincia de Lugo, xa no límite da de Ourense, está situado o Concello de Carballedo. O seu territorio predominantemente montañoso, ten 139,6 km2; bañados por dous ríos principais: o Bubal e o Miño, que marcan a liña divisoria co Concello de Pantón.
Limita ó Norte co Concello de Chantada, ó Este co de Pantón, ó Sur cos municipios de Villamarín e a Peroxa e ó oeste cos de San Cristóbal de Cea e Rodeiro.
O principal eixo viario é a N-540, de Lugo a Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).
Aínda que está moi preto de Ourense, polas súas características físicas e polos influxos socioeconómicos e administrativos, forma parte da Comarca de Chantada.