Fondo cabecera Concello de Carballedo

Gastronomía e Produtos

Gastronomía e produtos

O sector primario é a base económica do municipio, cun sector agrario moi vinculado ó gandeiro. A gandería é a principal actividade, xa sexa de produción láctea ou cárnica.
Tamén hai que destacar a matanza de porcos, para consumo propio, por unha grande parte das familias do municipio. Esta carne consérvase ó longo de todo o ano e se pode cociñar de moi diversos xeitos.

Os principais cultivos son o millo, a pataca, a vide e as hortalizas. Os viñedos destacan máis pola paraxe onde se atopan, adverso e fermoso á vez, e o xeito de cultivalos, en bancais, que pola cantidade que producen.

Outros produtos típicos son o mel, moi abundante pola gran extensión de montes, e as castañas, que ultimamente, ademais de utilizarse para consumo propio e dos animais, véndense a unha empresa de Chantada, "Castañas Naiciña", para confeccionar bombóns, tartas, castañas en licor etc.

Todos estes alimentos dan lugar a unha rica gastronomía e a numerosos pratos típicos como: roxóns, zorza, filloas de sangue, caldo galego, cocido con dente, lacón con grelos, callos con garavanzos, carne ó caldeiro, carne richada, cordeiro asado, xabarín estufado e numerosos e variados pratos de caza.

Estes produtos están a disposición de todos aqueles que decidades achegarvos ó noso municipio, para pasar unha agradable xornada, cunhas paraxes e una gastronomía difíciles de esquecer.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es