Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actividades

No Concello realízanse múltitude de actividades socio-culturais ó longo do ano, algunhas de carácter puntual, sobre as cales podedes obter información máis detallada no apartado de ACTUALIDADE, e outras de carácter permanente, que básicamente son as seguintes actividades deportivas:

Clases de ximnasia: estas clases están impartidas por un monitor especializado nas que realizarán exercicios adaptados ás necesidades persoais de cada caso.
Están dirixidas á poboación en xeral e teñen lugar no edificio do Concello. Celébranse tódolos martes e xoves de 9:15 a 10:00h. Para asistir só é necesario inscribirse no Concello.

Clases de kárate: estas clases tamén están impartidas por un monitor especializado. Teñen lugar nas instalacións do Colexio en horario escolar (no recreo), tódolos martes e mércores. Para asistir só é necesario inscribirse no Concello.

Escola de Xadrez: a creación dunha escola na que se forman futuros xogadores de xadrez, foi unha iniciativa conxunta do Concello e do Clube de Xadrez de Chantada.
As clases impártense no Colexio e para asistir só é necesario inscribirse no Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es