Fondo cabecera Concello de Carballedo

Rutas naturais e miradores

REDE NATURA 2000

O concello de Carballedo forma parte da Rede Natura 2000, que ten como finalidade favorecer o mantemento da biodiversidade, tendo presente os requirimentos científicos, económicos, sociais e culturais. A Rede Natura 2000 configúrase como un marco axeitado para conserva as paisaxes agrarias tradicionais, as prácticas agrícolas respectuosas co medio e tantos usos do territorio que reflicten as labores tradicionais do mundo rural.

Dentro da Rede Natura, están os espazos declarados como Lugares de Importancia Comunitaria (L.I.C).

No caso de Carballedo temos o L.I.C Monte Faro.

Para chegar ó Monte Faro podemos acceder dente ó pobo de Furco, pasando polos lugares de Agra, Trapela, Porto, A Matanza e Penaboa. Neste percorrido ata ó Monte Faro pasamos por aldeas típicas de montaña e destacamos ó lugar de A Matanza.

Na aldea de A Mantanza ó parecer tivo lugar unha antiga batalla contra os mouros, da que se queda como recordo o nome da aldea.

A FOZ DO BÚBAL

O río Búbal ó seu paso por Carballedo, limitando entre Ourense e Lugo vai facendo unha curva en forma de fouce, de aí o nome de A Foz do Búbal.

Un espazo natural protexido declarado como tal no BOE de 1999.




O PENEDO DO GRAÚLLO E A FERVENZA DE FONDÓS

Trátase dunha formación rochosa de gran tamaño por cuxo lateral discorre unha fervenza, a do Río Fondós, antes de desembocar no Miño.

Unha paraxe natural na que destaca tamén a vexetación, aciñeiras e sobreiras entre érbedos, salvia ou romeu dan lugar a un bosque mediterráneo único na zona.

Este lugar de singular beleza natural tamén foi durante moito tempo obxecto de numerosas lendas.

AS ÁRBORES MONUMENTAIS

O concello de Carballedo, facendo honra ó seu nome, conta cinco magníficos exemplares de Carballos nas súas terras, que están incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

O carballo da Casa do Herdeiro

Un exemplar centenario que destaca pola súa verruga que sae dende á base e se alza ata case dous metros de altura dándolle un diámetro duns 10m.







O Carballo da Casa Grande


Este exemplar centenario é coñecido como ó Avó de Europa, e ten unha altura que ronda os 30m.







O Carballo do Pazo de Cartelos

Este exemplar é un dos máis lonxevos que se conservan, ten unha altura de máis de 30m unha circunferencia de tronco duns 12 metros aproximadamente.

Ese exemplar esta situado nunha carballeira que tamén está incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras como formación arbórea.

A idade deste exemplar pode ser de máis de 1500 anos dado que nos anos 80,debido a un furacán rompeulle unha rama, que tras ser analizada, se lle calculou unha idade aproximada de 800 anos.

Polas proximidades desta Carballeira pasaba a calzada romana, Lucus Augusti-Aquis Querquennis, que derivaba da Vía XVIII que unía Braga (Portugal) e Lugo.

O Carballo Grande de Bustelo

Éste é outro bo exemplar que se conserva á veira da estrada N-540 ó seu paso por Carballedo, e que destaca polo oco que se forma no seu interior.

O Carballo do Mestre

Un exemplar que se conserva na carballeira do Barrio, e que tamén se atopa á veira da estrada N-540.

MIRADORES

O longo de todo o concello de Carballedo destacamos os seguintes lugares como miradores naturais:

Pena Cabezuda

Pena cabezuda, é unha rocha con forma de cabeza humana que se levanta no alto da parroquia de Milleirós.

Dende este punto obtéñense unhas grandes vistas de Carballedo e de terras doutros concellos como o de Chantada, Monforte e Ourense.



Mirador de Erbedeiro

O pobo de Erbedeiro, cuxo nome fai referencia á gran cantidade de érbedos (madroños) que se encontran na zona, é un privilexiado miradoiro sobre o río Miño.

Aquí pódese ver o típico cultivo de viñedo en bancais e tamén se poede divisar á próxima illa de Maiorga.



Mirador de A Grixoá

Nesta pequena aldea, hoxe case abandonada, podemos ver unha torre de orixe medieval, que esta sendo restaurada como vivenda.

Continuando o camiño que bordea a aldea, pasamos por diante da antiga capela, ata que as vistas do río Miño se mostran ante os nosos ollos.


Os Peares

O pobo de Os Peares é un mirador privilexiado pola súa situación xeográfica:

Neste lugar conflúen tres ríos: Miño, Sil e Búbal. O Búbal desemboca no Miño polo lado de Carballedo e o Sil desemboca no Miño polo lado de Nogueira de Ramuín.

Este pobo é tamén un lugar singular polas súas divisións territoriais:

Forma parte de dúas provincias: Lugo e Ourense

Esta dividido en catro concellos: Carballedo e a Peroxa (de Lugo) e Pantón e Nogueira de Ramuín (de Ourense).

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es