Fondo cabecera Concello de Carballedo

Aula de informática da Rede CeMIT

Aula de informática

Local de acceso público, onde se pon a disposición de toda a veciñanza un contorno de acceso gratuíto a Internet en condicións de calidade.

Situada no 2º piso da Casa Consistorial do Concello, onde están instalados 9 ordenadores con acceso a Internet, dúas impresoras, escáner , webcams, lectores de DNI electrónico, ademais de equipamento informático de apoio básico e personalizado, pensado especialmente para as persoas con necesidades especiais e dependencias, como por exemplo: rato de bola xigante adaptado, rato tipo joystick inalámbrico, pantalla táctil, lector de pantalla...

A aula está aberta de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.

Este servizo poderá utilizarse, entre outras cousas, para aprender a manexar un ordenador, procura de información por Internet, comunicarse con outras persoas, facer compras on-line, buscar emprego ou realizar xestións bancarias.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es