O Programa de Educación Familiar do Concello de Carballedo ten como denominador común, a toma de contacto coas familias do municipio, para ofrecerller información e formación que melloren a súa calidade de vida e as dinámicas familiares, e evitar así, a súa marxinación social, poñendo especial fincapé na mellora da atención prestada ós menores que forman parte dos núcleos familiares.
Dentro do programa pódense diferenciar dous tipos de accións:
Accións educativas de carácter directo coas familias, centradas na prevención de aparición de problemáticas ou no seu tratamento, que impliquen risco social para os seus membros. Por exemplo: ¿Charlas e conferencias sobre igualdade entre homes e mulleres¿, ¿Charlas sobre a saúde¿, etc.
Accións educativas de carácter indirecto, como por exemplo, actividades lúdico-deportivas, visitas didáctico-culturais, etc.
Calqueira veciño/a que desexe poñerse en contacto coa Educadora Familiar pode facelo en horario de 9:00 a 14:00h nas Oficinas Municipais do Concello, preguntando por Raquel ou no 982 466 201.