Fondo cabecera Concello de Carballedo

Patrimonio arqueolóxico

Dende o período neolítico e a Idade de Pedra chegaron ata os nosos días os monumentos megalíticos, que son a testemuña máis antiga da cultura galega.

Son numerosos os castros que se espallan ó longo do territorio de Carballedo, algúns como o castro de Santa Mariña do Castro ou de San Cristovo de Castro deixan a súa pegada no nome da aldea á que circundan.

As mámoas ou medorras son outra mostra da cultura megalítica, son montóns de terra de forma hemisférica, cunha coroza de pedras que gardaban no interior un dolmen, que servía como sepulcro colectivo.

En Carballedo destacan as Mámoas de Vilar do Monte, pola súa boa visibilidade. Aínda que se conservaban outras como o monte das medorras en Marzás ou a medorra da Pastoriza en San Xoán da Cova.

Ó igual que os castros poden deixan vestixios das súa existencia no nome dunha vila, o caso de As Antes na parroquia de Temes, unha aldea na que non se coñece a existencia ata o momento destes túmulos funerarios pero cuxo nome nos fai pensar nesa posibilidade.

CASTROS

Castriño de Papelle: Asentamento castrexo sito na parroquia de San Xoán da Cova, no lugar de Papelle, presenta gran visibilidade sobre o río Miño, e polo lado NO a 1km en liña recta está o Castro de A Cova, de maior altura.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 43´ 23´´ e Lat.: 42º 28´ 37´´

Castro da Cova: Asentamento castrexo de forma irregular sito na parroquia de San Xoán da Cova . A 1km aproximadamente está o chamado Castriño de Papelle, de menores dimensións pero probablemente fose ó auténtico asentamento, mentres que este de A Cova fose un lugar para a vixilancia polas súas magníficas vistas e situación sobre o río Miño.

Existen dúas lendas sobre este lugar, unha delas fai referencia a unha gran serpe que se ocultaba na chamada ¿Cova da serpe¿, que estaba entre o Castro e o monte da Pastoriza por onde antigamente pasaba ó camiño que levaba ata Castro de Carballedo. O parecer un día unha tecedeira de Vilaquinte baixaba cara Papelle, sen saber da existencia deste animal , ata que topa con el de fronte. Sen saber ven que facer lánzalle os novelos de lá quedándose coas puntas na man, de xeito que cando á enorme serpe estaba xa cerca dela, tira das puntas e afoga á serpe.

A outra lenda fai referencia ós mouros. Certo día un veciño que ía a feira de Castro de Carballedo, atopouse á altura do Castro cun home que ó acompañou ata a feira. Despois de comeren viñéronse de novo cara Papelle, pero o veciño deste lugar viña algo temeroso, xa que o seu acompañante non se atopara con ningún coñecido na feira, pero tampouco se atrevía a preguntarlle de onde era. Cando ía máis pensativo no asunto, deuse conta de que o seu acompañante xa desaparecera¿.. Correndo chegou a casa é contoulle ó acontecido á muller, e xuntos rezaron pola sorte que tivera, xa que o acompañante segundo contaban era un mouro dos que habitan este castro.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 42´ 38´´ e Lat: 42º 29´ 2´´

Castro da Roda: Asentamento castrexo de forma circular "roda" da que provén o seu nome. Situado no lugar de San Roman, en San Román de Campos.

Presenta na súa parte dianteira alteración pola actividade agrícola.
Na parte de arriba presenta unha ampla chaira toda amurada.
Na parte NO-SE pegada ó muro estivo segundo antigos contos unha torre de vixilancia.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 45´ 28´´ e Lat: 42º 28´ 29´´

Castro de Sta. Mariña do Castro: Asentamento castrexo alterado pola labra con maquinaria agrícola.
Presenta unha chaira interior dedicada á pasteiro e zona de cultivo agrícola totalmente amurada ó redor.
Na parte N pódese apreciar un muro cunha profundidade duns 2m no que se ve claramente os contrafortes.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 51´53´´ e Lat.: 42º 33´ 35´´

Castro da Touza: Asentamento castrexo alterado pola construción de bodegas na ladeira do castro. Situado no lugar de A Touza en San Miguel de Oleiros.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 43´ 58´´ e Lat.: 42º 27´ 49´´

Castro de Veascós: Asentamento castrexo utilizado para a construción da igrexa parroquial. Lugar Sta. Mariña de Veascós.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 45´ 9´´ e Lat.: 42º 31´ 21´´

Castro do Outeiro de Buciños: asentamento castrexo pouco alterado con gran planicie interior.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 50´ 45´´ e Lat.: 42º 32´ 50´´

Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba .Polo lado N-NO está situado a 1km aproximadamente do castro de Quintá.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 49´ 33´´ e Lat.: 42º 33´ 17´´

Castro de Morgade: Asentamento castrexo, situado no lugar de Morgade na parroquia de Carballedo Durante as labras agrícolas levantáronse pedras de muíños e algunha outra pedra labrada parecida a unha cola de cabalo cunha inscrición.

Presenta na parte N-NO monte baixo moi mesto e pódese apreciar, aínda que con dificultades un foso de 1m de fondo por 1,5 de ancho, aproximadamente.

Existen lendas sobre mouros, e unha delas fai referencia á existencia neste lugar dun gran tesouro, gardado por un xigante.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 51´ 2´´ e Lat.: 42º 30´ 19´´

Castro de Quintá: Asentamento castrexo situado na parroquia de Pradeda.

Alterado pola labra con maquinaria agrícola, presenta na cima unha pequena chaira, e unha gran pendente pola marxe E-SE cara o pobo.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 49´ 27´´ e Lat.: 42º 49´ 27´´

O Castro de Quintela: Asentamento castrexo situado na parroquia da Aguada.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 52´ 18´´ e Lat.: 42º 31´ 32´´

O Castro de San Cristovo de Castro: Asentamento castrexo, de forma circular presenta unha caída de aproximadamente 8 metros dende a cima ata o camiño e pradería que o rodea polo lado N-NE . Polo lado S presenta un túmulo de gran elevación que corresponde a unha gran rocha.

Segundo as xentes do lugar, durante as labras agrícolas foron numerosos os achados de pedras de muíño, restos de cerámica e de sementes de cereais tostados.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 46´ 23´´ e Lat.: 42º 31´ 51´´

Castro de Trasar de Sabugueiro: Asentamento castrexo que está situado na parroquia de Buciños.

Presenta moita vexetación polo lado N-NO e polo lado E-SE monte baixo e un camiño de acceso.

Conta a xente do lugar que durante a extracción de pedra do castro para facer as casas do lugar os canteiros atoparon unha pía de pedra chea de moedas de ouro.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 50´ 55´´ e Lat.: 42º 33´ 5´´

Castro de Vilar de Mulleres: Asentamento castrexo situado na parroquia de Lobelle.

Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 48´ 43´´ e Lat.: 42º 32´ 29´´

MÁMOAS E MEDORRAS

Mámoas de Vilar do Monte: túmulos megalíticos situados no lugar de Vilar de Monte, na parroquia da Aguada.

Medorra da Pastoriza: túmulo megalítico, visible ata finais dos anos 90 aínda que moi rebaixado e case destruído segundo a bibliografía de Nicanor Rielo Carballo.

Medorras de Marzás: túmulos megalíticos sitos no monte das Medorras no lugar de Marzás. Pouco visibles pola espesa vexetación principalmente de monte baixo.

Monte dos Mounillos ou Mamuiñas: Segundo bibliografía de Nicanor Rielo Carballo, existe un lugar coñecido como As Mamuiñas, un monte situado entre Lousada é A Barrela.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es