Cruceiros
Son uns dos elementos máis significativos da iconografía galega, o seu significado é moi discutido, dende cristianización de lugares pagáns, bendición de camiños ou demarcación de lindes territoriais entre outros.
¿Cruceiro de Aguada, presenta un pedestal escalonado, fuste liso e termina nun capitel Corintio sobre o que están representadas as imaxes da Virxe e Cristo.
¿Cruceiro de Vilaquinte, pedestal escalonado, fuste liso, finalizado en cruz na que aparecen as imaxes da Virxene Cristo.
¿Cruceiro de Santa Cristina, presenta fuste liso e termina nunha cruz.
¿Cruceiro de San Salvador,de granito, con fuste liso e sen efixie.
¿Cruceiro de Furco.
¿Cruceiro de San Mamede.
¿Cruceiro de Lousada, de granito, con dous escalóns e coroándoo unha cruz.
¿Cruceiro de Buciños, data do século XIX. A súa estrutura presenta pedestal escalonado, fuste liso, e capitel finalizado coas imaxes da Virxe e Cristo.
¿Cruceiro de Milleirós, presenta dous escalóns, fuste liso, sen capitel e dúas efixies.
¿Cruceiro de Carballedo: presenta pedestal graduado con fuste oitavado que remata nun capitel con decoración xeométrica e unha cruz sen ornamentación.
¿Cruceiro de Cartelos: presenta pedestal graduado con varal oitavado que remata en capitel con decoración vexetal e cruz sen ornamentación.
¿Cruceiro de Santa Baia do Búbal: pedestal graduado con varal liso no inicio e oitavado no final. Remata nun capitel con decoración de volutas e coroando o conxunto unha cruz sen ornamentación.
Petos de Ánimas
Son manifestacións do culto ós mortos, neles ofrecíanse ofrendas ás almas que non atopaban descanso no purgatorio, para que alcanzaran a felicidade.
En Carballedo consérvanse nas seguintes parroquias: Casares, Trasar, Vilar de Mulleres e Pontepedriña.
Peto de ánimas de Casares: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado con un caixón para as esmolas. O tellado presenta un prisma ondulado coa data de construción ¿AÑO DE 1906¿ que sostiña unha cruz hoxe desaparecida. O retablo foi de madeira hoxe tamén desaparecido
Peto de ánimas de Trasar de Carballo: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroado por unha cruz e ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ó século XVII.
Peto de ánimas de Vilar de mulleres: Peto con fornelo rectangular e arqueado. O tellado é plano e remata nunha cruz oitavada, e ámbolos lados da mesma, uns pináculos coroados por bolas. O retablo gravado na pedra presenta as ánimas entre as lapas do purgatorio e unha das ánimas máis pequena parece representar un neno, o cal é rechamante dado que os nenos pola súa inocencia non van ó purgatorio.
Peto de ánimas de Pontepedriña: Peto con fornelo rectangular e arqueado. O tellado é plano e rematado unha cruz.
Como no resto de concellos galegos, aparecen na nosa zona, numerosas construcións populares, que eran indispensables na vida cotiá das xentes da zona. Son os hórreos, onde se gardaba o millo co que se facían as famosas "Bicas de Millo", os muíños, onde se moían os cereais para facer fariña, e os fornos, onde se cocía o pan confeccionado coa fariña moída anteriormente.
Hórreos
Éstas construcións populares tamén teñen un orixe moi discutido, segundo algunhas fontes probablemente xurdisen ó amparo da cultura castrexa. Non obstante, ás primeiras novas que temos sobre estes almacéns de gran é na época romana sobre o século I a.C pero non será ata Idade Media cando aparezan ilustrados. Será coa chegada do millo, cando estas construcións populares agranden as súas dimensións.
Os que se conservan en Carballedo Son na súa maioría hórreos mixtos (pedra e madeira) nos que varía o número de claros segundo ás necesidades e poderío da casa á que pertencían.
Podemos apreciar conxuntos de hórreos ben conservados nos lugares de Aguada de Arriba, Millerós, Vilar do Monte, Trasar de Carballo, Vilar de Mulleres ou Trasar de Sabugueiro entre outros.
Muíños
Estas construcións populares, xorden tal e como as coñecemos hoxe en día na Idade Media é consérvanse ó longo da historia vinculadas á economía tradicional de Galicia dado o gran era a fonte de alimento primordial.
Son moitos os muíños espallados polo concello de Carballedo, pero moitos deles xa en desuso, podemos nomear, pola súa conservación os seguintes:
Muíño do Vao, situado en Os Peares e convertido nunha casa de turismo rural.
Os Muíños do Muleiro: situados na parroquia de Buciñós moi ben conservados e inda en funcionamento. Neste caso trátase dun conxunto de tres muíños, dous para moer o gran de centeo ou trigo e outro para moer o gran do millo.
O Muíño de Quintá: situado na parroquia de Pradeda, moi ben conservado e en funcionamento.