As feiras foron ó longo da historia unha parte importante da actividade económica da nosa comunidade. Nas feiras e mercados podíase comerciar con gando (vacas, ovellas, cabalos, porcos¿), traíanse todo tipo de verduras, legumes e produtos gastronómicos como o mel ou o queixo. Tamén se vendían todo tipo de materiais e útiles para o campo, roupa e zapatos.
Co paso do tempo a comercialización co gando foi decaendo é hoxe en día so queda un pequeno comercio de produtos gastronómicos, roupa, zapatos e algún que outro posto de útiles para o campo.
Unha vez rematada a actividade comercial chegaba a hora do xantar. Nas feiras pódese degustar á carne ó caldeiro a carne richada é o afamado polbo á feira.
No concello de Carballedo pódese ver mercado é comer na feira ós seguintes días:
A Barrela
O día 13 de cada mes: pódese acudir á xantar ou facer reserva previa nos seguintes locais:
CANELAS: 670 962 286
Castro
Os días 17 e 29 de cada mes: pódese acudir a xantar ou facer reserva previa nos seguintes locais:
CASA BENITO: 982 466 339
COMIDAS Mª CARMEN: 696 989 767
EUTIMIO: 982 466 166
O PENDELLO: 982 466 271