O Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego é un espazo de referencia para a busca activa de emprego tanto para traballadores desempregados como en activo.
Entre as accións que se levan a cabo dentro do Servizo de Orientación Laboral (IOBE) destacan:
1. Asesoramento en técnicas de busca de emprego (recursos a empregar, carta de presentación, CV, CV dixital, pautas para a entrevista de traballo,etc)
2. Información acerca de Itinerarios personalizados de Inserción
3. Información sobre formación ocupacional, formación continua, formación regrada e formación complementaria privada
4. Información sobre axudas e becas para o estudo
5. Información acerca da situación actual do mercado de traballo e sobre empresas dos distintos sectores.
6. Xornadas de formación en materia de emprego.
7. Asesoramento de ofertas de emprego e anuncios de ofertas
8. Captación e tratamento de ofertas de emprego
9. Xestión da Bolsa de emprego.