Fondo cabecera Concello de Carballedo
Inicio » Turismo » Historia

Arquitectura Relixiosa

Arquitectura Relixiosa

O concello de Carballedo, posúe unha importante riqueza patrimonial, non soamente polas características de cada edificación, senón polo enclave natural no que se atopan, integrándose a obra humana, completamente no medio natural. As edificacións mais destacadas son: Nas diferentes entidades locais que compoñen o municipio de Carballedo, podemos atopar numerosas e variadas "cantinas populares", son lugares onde se reúnen os veciños para "botar un conto" ou unha boa partida de cartas.

Igrexa mosteiral de Chouzan

Data do século XII, estilo románico. Era un mosteiro de monxes que tiña por titular a San Esteban, logo foi doado a Ourense, poboado por monxas e presidido pola abadesa Marina. Este mosteiro contaba con canais de auga que nutrían de peixe, tanto á comunidade beneditina coma ós veciños dos arredores, ademais estes canais servían de forza motriz para os muíños e para rega-las hortas do mosteiro. A Desamortización de Mendizábal (1837) foi un golpe contundente e a construción do encoro de Os Peares, provocou a súa defunción nos anos 50 do século XX. En 1950 foi declarada Monumento Nacional e igual que a igrexa da Cova, tivo que se trasladar pedra a pedra ó seu actual emprazamento, debido á construción do encoro.

Igrexa parroquial de Buciños

Situada no pobo de Buciños.

Data de finais do século XVIII e principios do XIX.

No seu interior descansan as cinzas de San Pegerto Mártir, atopado nas catacumbas de San Calisto de Roma no mes de febreiro de 1823, santo que foi traído dende Roma polo bispo de Valladolid, xunto cun vaso de Sangre e a Lápida de Pedra do seu sepulcro anterior.

O 9 de Setembro celébrase a festividade de dito "Mártir", que é venerado por multitude de xente de toda Galicia.

Igrexa de San Xoan da Cova

Está situada en Peñarrostro e pertence á parroquia de A Cova.

Data de finais do século XII, é de estilo románico, pertenceu a un convento de Beneditinas e no muro norte está o templo da nai abadesa, en 1950 foi declarado Monumento Nacional.

A raíz da construción do encoro de Os Peares, trasladouse pedra a pedra, ata o seu emprazamento actual.

O paraxe onde se atopa é digno de visitar.

Igrexa parroquial de Lousada

Data de finais do século XII, de estilo románico.

No testamento de Vasco Pérez de Temes, fálase do mosteiro de Santiago de Losada.

Tal documento está datado en 1333 e nada máis se sabe do citado cenobio.

No interior, no muro sur da nave, moi preto da porta principal se atópase o sepulcro cos restos de Vasco Pérez de Temes.

Igrexa de Santa Eulalia

Está situada no pobo de A Eirexe, parroquia de A Aguada. Data de principios do século XIII e é de estilo románico, a excepción da fachada e a sancristía. A porta sur presenta arco apuntado con arista en bocel, sostén esta arquivolta un par de columnas acodilladas de fuste liso e capiteis nas que se aprecian dúas aves, presenta xambas lisas rematadas en sendas mochetas e o tímpano de directriz apuntada.

Igrexa de Santiago de Marzás

Presenta no interior un arco triunfal de medio punto e na porta principal, dintelada, aparece a seguinte inscrición: OSSORIO + AÑO DE 1727.

Igrexa parroquial deTemes

A lápida que conmemora a consagración do templo data do século IX. Conta a historia que a raíña dona Goto a dona ó de Pombeiro. Posúe un sarcófago, que é unha obra paleocristiá do século IV, realizada en mármore branco que foi importado de talleres itálicos e representa unha epifanía: a Adán e Eva e a historia de Jonás.

Outras Igrexas e Capelas

•Igrexa parroquial de Santabaia; pertence á parroquia de Bubal. Data do século XII e XVIII e é de estilo románico.

•Capela de San Roque na Aguada; está situada na Aguada de Arriba e foi restaurada polo Obradoiro de Emprego durante o ano 2003.

•Igrexa de Santa Cristina de Asma; está situada no pobo de Santa Cristina, parroquia de Asma. Data do século XVIII.

•Igrexa de Santa María de Veascós; está situada na parroquia de Veascós, data de finais do século XIX e é de estilo funcionalista.

•Capela de San Breixo; está situada no pobo de A Ermida, parroquia de Veascós.

•Igrexa de San Mamede de Lousada; data do último cuarto de século XVIII. Figura como mestre de obras Alonso de Fraguas.

•Igrexa parroquial de San Salvador; pertence á parroquia de Bubal. Data dos primeiros anos do século XVIII.

•Capela da Casa Grande de Buciños; data do século XVIII e posúe un escudo de armas de granito na porta de entrada. Pertence a esta Casa Grande.

•Capela de Loureiro de Arriba; pertence á parroquia de Buciños. Data da segunda metade do século XVIII e nela se venera a San Xoan.

•Igrexa de San Roman de Campos; situada na parroquia de campos. Data do século XVIII.

•Igrexa parroquial de Carballedo; pertence á parroquia de Carballedo, data do século XVIII.

•Igrexa de Cartelos, situada na parroquia de Cartelos, data do XVIII.

•Capela do Pazo de Cartelos; é privada, pertence ó pazo, data de finais do século XVIII e posúe un retablo maior neoclásico.

•Igrexa de San Cristovo de Castro; situada en Castro, data da segunda metade do século XIX.

•Igrexa de Santa Mariña do Castro; data do século XVIII.

•Ermida de Santa Lucía en Papelle (Cova).

•Ermida de Cima de Vila (Cova); data do século XVIII.

•Igrexa nova de A Cova; é do século XX, estilo modernista.

•Capela de Vilar (Cova).

•Igrexa parroquial de Furco, data do século XVIII.

•Igrexa parroquial de Erbedeiro, presenta un retablo seudogótico.

•Igrexa parroquial de Lobelle, foi reconstruída no derradeiro terzo do século XIX, de estilo funcionalista.

•Capela da Grixoá.

•Igrexa parroquial de Milleirós.

•Igrexa parroquial de San Miguel de Oleiros, pertence á segunda metade do século XII, estilo románico. No 1205, Alfonso IX, fai doazón desta igrexa cos seus cotos.

•Capela de Fontao (Oleiros), data do século XIX, foi erixida polo presbítero Don Pedro Manuel de Andrade.

•Capela de Fenosa, século XX, obra do arquitecto coruñés Señor Tenreiro.

•Capela da Granxa de Oleiros, século XIX. O bispo de Lugo D. Murúa, o 4 de Abril de 1902, funda a Capelanía do Sagrado Corazón en A Granxa.

•Igrexa parroquial de Pradeda, data do século XII, é de estilo románico e foi doada pola condesa dona Fronilde Fernández ó mosteiro de Ferreira de Pantón.

•Capela de Barrio de Puga, é de propiedade privada e pertence á casa do Mestre do Barrio.

•Capela de San Lorenzo de Temes, era utilizada polos frades de Sobrado nas súas visitas á Granxa.

•Igrexa parroquial de Vilaquinte.

•Capela da Casa da Torre en Vilaquinte, é privada.

•Capela do Espírito Santo de Erbedeiro; A primitiva capela do Espírito Santo quedou baixo as augas do embalse dos Peares a finais do século XX levántase este novo edificio.

Reitorais

•Reitoral –priorado de Santa Baia de Aguada: Obra do século XVII-XVIII con muros perpiaños de granito, unha gran cheminea, típica solaina sobre columnas, e patio rectangular con escaleira e pasamáns de granito. Sobre a portada destaca o escudo de Oseira mosteiro do que foi priorado

•Reitoral de Santa Cristina.

•Reitoral de Veascós, está situada no pobo de Riazón. É un edificio de cantería que data do século XVIII.

•Reitoral de Santabaia.

•Reitoral de San Salvador, construída en sillares graníticos.

•Reitoral –priorado de San Gregorio de Furco: É obra do século XVIII con muros de granito e voluminosa cheminea. Na parte de atrás sobresae unha gran solaina con perpiaños de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principal. Foi priorado de Oseira.

•Reitoral de Losada, quedan restos da súa existencia.

•Reitoral de Oleiros, data do século XVIII, posúe na fachada un escudo que representa ó mosteiro de Oseira.

•Reitoral de Temes, é de grandes dimensións e está construída en sillares graníticos.

•Reitoral de Vilaquinte.

•Reitoral--priorado de Riazón (Santa Mariña de Veascós): Cando o Padre Sarmiento realiza a súa célebre viaxe a Galicia detense neste priorado de Riazón e recolle algúns datos históricos tales como que a este priorado beneditino pagaban renda os lugares de Bacelares, Lama, Carcacía e Oleiros, (pobos pertencentes á parroquia de San Miguel de Oleiros). Cave destacar que Beascós foi anexo de San Miguel de Oleiros e máis tarde de Chouzán. É un edificio de principios do século XVIII, con un patio, solaina e portas con inscricións nos linteis nalgún aparece a data de construción 1710.

Contidos relacionados

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es