Fondo cabecera Concello de Carballedo
Inicio » Oferta de emprego

BASES para a contratación laboral temporal de 2 peóns de obras. Programa APROL RURAL 2017

O Concello de Carballedo presentará a correspondente oferta de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego, oficina de Chantada, nos modelos normalizados para o efecto.

O Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes, e notificará aos aspirantes para que se presenten no Concello de Carballedo o día 11 de decembro ás 10:00 horas.

Os aspirantes preseleccionados/as pola Oficina de Emprego que se presenten, deberán aportar os seguintes documentos:

- Copia compulsada do D.N.I.

- Copia compulsada do carné de conducir.

- Copia de carta de demandante de emprego.

- Copia de carta de presentación na empresa.

- Declaración xurada de non padecer enfermidade ou doenza física ou psíquica que impida exerce-las función propias do posto a desenrolar, e de cumpri-los requisitos necesarios para contratar coa Administración Pública, así como de non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade prevista na lexislación vixente.

- Copia da resolución de minusvalía ou concesión de RISGA, no seu caso.

- Relación de méritos que alega e documentación xustificativa e compulsada de cada un deles.

Cada aspirante cubrirá o Formulario de presentación (Anexo II), dirixido ao Tribunal Cualificador para o SERVIZO DE OBRAS, acreditando os méritos sinalados que figuran no Anexo I.

A cualificación, levarase a cabo polo Tribunal Cualificador no mesmo acto, e elevará ao Alcalde-Presidente a correspondente proposta de contratación a favor do/a candidato/a que obtivera a maior puntuación total, aos efectos da súa contratación.

En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados e xustificados debidamente no momento de presentación na empresa, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

- Data de Presentación dos aspirantes e data de realización das probas: día 11 de decembro, ás 10:00 horas.

Teñen a obriga presentarse no Concello de Carballedo todos os aspirantes notificados pola Oficina de Emprego de Chantada. As bases conteñen o Formulario de Presentación (Anexo II), o Modelo de declaración xurada (Anexo III), sistema de selección, méritos baremables, requisitos e toda a documentación que deben aportar os aspirantes.

Data de creación: 22 de noviembre de 2017
Data de publicación: 22 de noviembre de 2017

Entrada en vigor: 22 de noviembre de 2017
Entrada en vixencia: 22 de noviembre de 2017

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es