O Concello organizou en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo un ESPECTÁCULO de MÁXIA titulado ¿I+D+I¿(ILUSIÓN+ DIVERSIÓN+IMAXINACIÓN) a través do Programa Camiños de Cultura 2011.
A celebración desta actividade tivo lugar o pasado 10 de setembro no Salón de Actos do Concello, na Barrela.
Unhas 40 persoas asistiron ó espectáculo no que, o mago Daniel Polo, de tan só 13 anos, deleitou ós asistentes cun bo número de trucos de maxia mesturados con música e moito humor.