Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidad

Sostendo: obradoiros fronte ó cambio climático

O Concello organizou unha actividade de SENSIBILIZACIÓN MEDIO AMBIENTAL titulada “SOSTENDO: OBRADOIROS FRONTE Ó CAMBIO CLIMÁTICO”. Esta actividade foi financiada pola Consellería de Medio Ambiente e realizouse do 26 ó 30 de setembro.

Sostendo: obradoiros fronte ó cambio climático 1

Esta actividade comprendeu 3 actuacións:

1- Unha exposición de 19 paneis interactivos con consellos para actuar individualmente fronte ó cambio climático.

2- Un obradoiro para adultos, no que participaron 25 persoas, que incluía, un documental sobre o cambio climático, demostracións interactivas e un agasallo.

3- Un obradoiro infantil, no que participaron 10 nenos e nenas de diferentes idades, no que se realizaron xogos, a creación dun conto e a realización de debuxos.

Os dous obradoiros foron, simultáneamente, o xoves 29 de setembro no Concello.

Imágenes

Sostendo: obradoiros fronte ó cambio climático 2 Sostendo: obradoiros fronte ó cambio climático 3

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Ayuntamiento de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es