O Concello organizou unha actividade de SENSIBILIZACIÓN MEDIO AMBIENTAL titulada ¿SOSTENDO: OBRADOIROS FRONTE Ó CAMBIO CLIMÁTICO¿. Esta actividade foi financiada pola Consellería de Medio Ambiente e realizouse do 26 ó 30 de setembro.
Esta actividade comprendeu 3 actuacións:
1- Unha exposición de 19 paneis interactivos con consellos para actuar individualmente fronte ó cambio climático.
2- Un obradoiro para adultos, no que participaron 25 persoas, que incluía, un documental sobre o cambio climático, demostracións interactivas e un agasallo.
3- Un obradoiro infantil, no que participaron 10 nenos e nenas de diferentes idades, no que se realizaron xogos, a creación dun conto e a realización de debuxos.
Os dous obradoiros foron, simultáneamente, o xoves 29 de setembro no Concello.