O concello organizou en colaboración coa consellería de Cultura e Turismo, dentro do Programa ¿Camiños de Cultura¿ un ¿CONTACONTOS DE IGUALDADE¿ titulado ¿CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS¿, a cargo a compañía Dinamoteatro.
Ó redor dunhas 40 persoas, entre nenos e adultos asistiron a este contacontos o 20 de setembro no Salón de Actos do Concello, na Barrela.
O actor ¿Caxoto¿ interpretou un contacontos dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, no que abordou nunha sesión divertida, emotiva e fantasiosa os beneficios da igualdade e da coeducación. A través de contos, cantigas e xogos os nenos e nenas aprenderon a rachar cos estereotipos de xénero que ainda hai na sociedade actual.