O Concello organizou en colaboración co Programa ¿Mar Achega¿ da Consellería do Mar, unha visita a lonxa de Lira, que tivo lugar o día 6 de Outubro. Un total de 50 veciños/as de diferentes idades do Concello coñeceron a través desta visita a realidade das vilas mariñeiras e a cultura e as tradiccións vencelladas ó mar e a pesca.
A través desta saída, totalmente gratuita, amosóusenos a lonxa, e unha poxa de peixe, as diferentes artes da pesca, os bancos de marisqueo nas praias e por suposto, a rica gastronomía dos productos do mar.