O pasado mércores 21 de decembro os rapaces do colexio Xosé Lois Taboada da Barrela recibiron a visita de Papa Noel a través dunha videoconferencia na cal os máis cativos lle recordaron que lera as cartas que lles enviaran e cumprira cos agasallos que lle pedían nelas. Papa Noel preguntoulles se eles tamén cumpriran coas obrigas de portarse ben e obedecer aos pais e nais e que tal as notas; así na noite do 24 intentaría repartir todos os regalos. Logo despediuse dos rapaces cunha panxoliña.
Ao rematar este acto tivo lugar unha sesión de fotos cos empregad@s do Concello de Carballedo que colaboraron na realización desta actividade, dende a preparación e montaxe de todo o decorado da casa de Papa Noel ata o discurso e o vídeo en directo cos rapaces.