O concello de Carballedo organiza a I Carreira Popular "Un percorrido pola terra dos carballos centenarios" para o sábado 9 de maio a partir das 17:00h. O percorrido é de 9,86km por camiños rurais, o que permitirá os participantes ademais de practicar deporte admirar a beleza paisaxística do rural galego. Haberá dúas categorías, a de menores, dividida en 4 subcategorías e a absoluta.
As inscripcións son gratuitas, excepto para aquel@s corredor@s da categoría absoluta que non dispoñan de chip, que terán que aboar 1 euro en concepto de alquiler do mesmo, e pódense facerse directamente na páxina web www.championchipnorte.comou presencialmente no Concello ou por teléfono no 982466201. A data límite para inscribirse é o 6 de maio ás 24:00h. Tod@s aqueles interesad@s en participar teñen información máis detallada no reglamento da carreira e no plano do percorrido.