Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

CURSO DE FOLLAS DE CÁLCULO CALC POR VIDEOCONFERENCIA NA AULA CEMIT

CURSO DE FOLLAS DE CÁLCULO CALC POR VIDEOCONFERENCIA NA AULA CEMIT

Será impartido por videoconferencia dende a Aula CeMIT de Boiro e retransmitirase ás aulas de Carballedo, Celanova, Oroso, Cuntis e Fisterra.
Esta actividade está enmarcada dentro da iniciativa do Banco de Tempo das Aulas CeMIT , coa que se pretende rentabilizar esforzos a través dun traballo colaborativo entre as aulas compartindo a formación entre elas a través de videoconferencia.
O curso terá unha duración total de 14 horas e o horario será de 10:00 a 12:00 dende o luns 20 ata o xoves 30.


Entre os principais obxectivos están:
Familiarizarse co medio de traballo dunha folla de cálculo.
Crear táboas de datos e traballar con fórmulas.
Crear libros e traballar con datos de diferentes follas.
Utilización das fórmulas básicas / funcións.
Creación de gráficos.
Configuración das follas de cálculo para a impresión.


Para inscribirse :
https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/17395
Tlf: 982466201
E-mail: cemit.carballedo@xunta.gal
www.facebook.com/CemitCarballedo
twitter.com/CemitCarballedo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es