Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

CURSO INTENSIVO DE PREPARACIÓN DO CELGA (CELGA 2, 3 e 4)

CURSO INTENSIVO DE PREPARACIÓN DO CELGA (CELGA 2, 3 e 4)

Será impartido na Aula Cemit do Concello de Chantada (Telecentro). O custo estará totalmente cuberto polo Servizo De Normalización Lingüística dos Concellos de Carballedo, San Cristovo de Cea e Chantada. Totalmente gratuito para as persoas dos tres concellos que estean interesadas.
O curso terá unha duración de 36 horas e o horario será de luns a xoves de 18.30 a 20.30 dende o 14 de setembro ao 14 de outubro de 2016.
Os principais obxectivos deste curso son:
Dominio da lingua galega que lle permita intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación.
Elaboración de textos comprensibles e cun grao alto de corrección normativa.
Preparar aos participantes para poderen presentarse aos exames de novembro e poidan acadar a competencia en lingua galega do nivel elixido por eles.

Para inscribirse e solicitar información:
Servizo de Normalización lingüística dos concellos de Carballedo, San Cristovo de Cea e Chantada.
Telf. 982 88 19 96

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es