Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

CONTOS NA MONTAÑA (RUSA)

O Concello organiza en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do Programa “LER CONTA MOITO”, unha actividade de animación á lectura denominada “CONTOS NA MONTAÑA (RUSA)”, a cargo de Paul do Canizo.

Trátase dun espectáculo de narración oral en lingua galega (con algúns fragmentos en portugués e inglés), concibido como unha viaxe nunha atracción de feira con paradas en diversos países de todo o mundo (Brasil, Escocia, Gales, Rusia). Esta actividade está pensada para rapaces e rapazas de tódalas idades.

A celebración desta actividade está prevista para o vindeiro sábado 17 de setembro na Biblioteca Municipal do Concello, na Barrela, a partir das 17:00h.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es