Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

A película Pelerinaxes proxéctase o sábado 22 ás 19:00 horas en Carballedo

Pelerinaxes, a última longametraxe do director italo-galego Simone Saibene proxéctase o sábado 22, ás 19h, no Salón de Áctos do concello de Carballedo. A película está gravada nas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña. Estará presente o director.
PELERINAXES

‘Pelerinaxes’ é a última longametraxe de Simone Saibene e se sitúa entre a ficción e o documental. Fai o percorrido que no ano 1927 fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende a Praza do Ferro de Ourense ata Santo André de Teixido. Protagoniza a longametraxe a actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora que percorre ao día de hoxe as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro. ‘Pelerinaxes’ altérna o percorrido feito pola protagonista con entrevistas a homes e mulleres, figuras do mundo cultural galego.

Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. A última, neta de Vicente de Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó por ser considerado ‘home perigoso’ durante a ditadura de Primo de Rivera.

No verán ‘Pelerinaxes’ viaxou a Francia, no Festival de Cournouaille e representando a Galiza no espazo CinéFIL do Festival Interceltique de Lorient.

A banda sonora de ‘Pelerinaxes’ foi composta por Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe, MCarballo, O Sonoro Maxín, Elena Domínguez e Miguel Álvarez e foi gravada integramente en directo.

Esta proxección é financiada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es