Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

Contacontos "O rosa non é unha cor"

O Concello organiza en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do Programa ¿LER CONTA MOITO¿, un contacontos titulado ¿O ROSA NON É UNHA COR¿, a cargo da compañía CriSonEu.
O ROSA NON É UNHA COR

Esta actividade consiste nunha sesión de contacontos que teñen por obxecto a transmisión de mensaxes de fomento da igualdade entre nenos e nenas, como por exemplo, que o rosa non é unha cor de nenas nin o azul de nenos.

A celebración desta actividade está prevista para o vindeiro mércores 19 de outubro na Biblioteca do C.E.I.P. Xosé Luis Taboada, na Barrela. Vai dirixida a todo o alumnado de Infantil e Primaria do centro e será impartido de 15:30 a 16:30h da tarde.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es