Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE CARBALLEDO

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CARBALLEDO, COFINANCIADO POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante a ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca unas axudas para que as  entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.
O concello de Carballedo está a elaborar unha Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual.
Para elo débese realizar o seguinte:

  • Establecer o estado actual de partida, sobre o que se proxectan as actuacións descritas, a partir da análise dos datos dos que se dispón e dos que se recollerán no traballo de campo a realizar, e a recompilación de toda a información posible sobre o concello, as fontes de emisións de gases de efecto invernadoiro, estado do medio natural e situación fronte a incendios forestais, a xeración de residuos, e a xestión e tratamento dos mesmos.
  • Determinar as variables sobre as que actuar para conseguir os obxectivos que se proxecta alcanzar (redución de emisións de GEIs, redución de xeración de residuos, mellora no tratamento e xestión dos mesmos, ¿), así como establecer as actuacións propostas a levar a cabo de xeito que se maximice o efecto sobre as variables sobre as que se actúa.
  • Mellorar a adaptación ao cambio climático e minimizar os efectos sobre o medio ambiente e sobre as persoas das consecuencias do mesmo.
  • Definir da estratexia de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación municipal

A realización da estratexia ambiental do municipio ten como principal obxectivo para o futuro inmediato (e que se ven desenvolvendo no pasado recente) é obter un desenvolvemento sostible, de xeito que sexa compatible o desenvolvemento económico e social co respecto ao medio ambiente. Para elo, entre outras actuacións, deberase reducir a emisión de GEIs (Gases de efecto invernadoiro) e a xeración de residuos, a xestión e tratamento dos residuos que se produzan, e a adaptación aos impacto producido polo cambio climático:

  • Redución de emisións de GEIs (Gases de Efecto Invernadoiro) ¿ producidos de xeito natural ou por causas antropoxénicas, fundamentalmente transportes, consumo enerxético residencial e industrial, incendios forestais (que producen mais GEIs e reducen a absorción dos mesmos polo medio natural destruído) , ¿
  • Redución e xestión de residuos ¿ debe minimizarse a produción de residuos, e deberán xestionarse e tratarse axeitadamente os que se produzan
  • Loita contra os incendios forestais ¿ xestión de riscos de incendios forestais e actuacións fronte a eles, nos que se considera que  ten influencia o cambio climático e provoca incrementos nos GEIs
  • Informar e sensibilizar á poboación e fomentar a súa participación na loita contra o cambio climático.
  • Comprometer ao goberno local dun xeito integral,  tendo en conta esto no desenvolvemento de todas as políticas municipais.
  • Mellorar medioambientalmente o territorio:
    • Protexer e recuperar hábitats e sistemas naturais e deter a perda da biodiversidade
    • Mellorar a calidade do aire e da auga
    • Xestionar de xeito axeitado os recursos naturais e os residuos
    • Mellorar a mobilidade dende un punto de vista medioambiental
    • Limitar no posible as consecuencias do cambio climático no medio natural0

Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía e o resto de axentes (empresas, administracións, etc) na loita contra o cambio climático. Para elo buscarase a súa participación, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), reduzan os residuos producidos (en cantidade e capacidade de afección ao medio ambiente), se implique na loita contra os incendios forestais, ¿. E realizarase e unha enquisa para coñecer o grao de información sobre o cambio climático e o interese en participar na estratexia proposta.

http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/IMAGENES/9/2016-11-25-a-las-8.18.36.jpg

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es