Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

Concello de Carballedo-Concello de Chantada. Servizo de Información, Orientación e Prospección de emprego.

A Agrupación de Concellos Carballedo e Chantada ,por medio do Servizo de Información, Orientación e Prospección de emprego (IOPE), informa da nova convocatoria para a ACREDITACION DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL (CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE).

O Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos Carballedo e Chantada, informa a todos os usuarios, que no Diario Oficial de Galicia nº 8 do 12 de xaneiro de 2017 convócanse prazas para ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL, EN DETERMINADAS UNIDADES DE COMPETENCIA DO CATÁLOGO NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS , para as familias profesionais Administración e Xestión, Agraria, Comercio e Márketing, Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica, Fabricación mecánica, Hostalería e Turismo, Imaxe Persoal, Industrias alimentarias, Informática e Comunicacións, Instalación e mantemento, Madeira, moble e cortiza, Química, Sanidade, Servicios Socioculturais e a Comunidade e Transporte e mantemento o vehículos.

Esta convocatoria vai dirixida a todas aquelas persoas que desenvolven o seu traballo nestes ámbitos pero que non teñen ningunha titulación que o acredite.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2017
As persoas que desexen ter máis información ou precisen de axuda para cumprimentar a documentación requirida, poderán acudir a:
Xornada informativa que terá lugar o 27 de xaneiro do 2017 ás 11:30h na aula (CEMIT) Carballedo,
Tamén poderán recibir información na oficina do Servizo de Información e Orientación laboral (IOPE) sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballedo, Prz V. Portomeñe, A Barrela, 27520 chamando ao teléfono 982 466 201 e preguntando por Sonia ou achegándose as dependencias municipais do Concello de Chantada, ou chamando o teléfono 982 440 011 preguntando por Luz.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es