Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

FESTA ENTROIDO CARBALLEDO 2017

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES DO CONCELLO DE CARBALLEDO 2017.
FESTA ENTROIDO CARBALLEDO 2017

- As bases polas que se rexerá  o Concurso de Disfraces Entroido Carballedo2017 son as seguintes:

PRIMEIRA: OBXECTO

Através da presente convocatoria o Concello de Carballedo convoca concurso dedisfraces individuais, por parellas e de grupos que se celebrará con motivo doEntroido 2017 o vindeiro domingo 26 de febreiro ás 17:30horas, no Pavillón PolideportivoMunicipal, a Barrela, rematando ás 20:00 horas.

Ogasto total destinado a premios é de 835 euros, con cargo á aplicaciónpresupostaria 338.22609 do Presuposto do Concello para o ano 2017.

Estaconvocatoria rexerase polas presentes bases que estarán a disposición dos interesadosno Concello de Carballedo e na páxina web:

http://www.concellocarballedo.es

SEGUNDA: BENEFICIARIOS

Poderánser beneficiarios dos premios as persoas físicas que cumpran os requisitosestablecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral deSubvencións.

TERCEIRA: CATEGORÍAS DE PARTICIPANTES

Quedan establecidas trescategorías:

1ª categoría: categoría individual infantil e xuvenil(ata 18 anos, inclusive).

2ª categoría: categoría individual adultos (de 18 anosen adiante).

3ª categoría: categoría para comparsas (tres ou máisintegrantes, para todalas idades).

CUARTA: SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de inscripción comprenderá dende o día 16 de febreiro ata ás 17:30 horas do domingo 26 de febreiro.

Ainscrición dos participantes realizarase nas oficinas do Concello (área de cultura) ou no teléfono982466201 ata o día 24 de febreiro ou o propio día do concurso de 16:30 h a17:30h no Pavillón Municipal.

Unhamesma persoa non poderá participar nin optar a premio en mais de unhacategoría. Xunto coa solicitude de inscrición deberán presentar: Maiores deidade: fotocopia do DNI.

Menoresde idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e a autorización paraparticipar no concurso.

Indicaciónda categoría na que desexa participar.

QUINTA: PREMIOS

- CATEGORIA INDIVIDUALINFANTIL E XUVENIL (ATA 18 ANOS, INCLUSIVE):

1º PREMIO: VALE MATERIALDEPORTIVO: 100 €

2º PREMIO: VALE MATERIALESCOLAR: 60 €

3º PREMIO: VALE MATERIALESCOLAR: 50 €

4º PREMIO: VALE MATERIALESCOLAR: 40 €

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES NO DESFILE QUE NONACADEN PREMIO: TOTAL GASTO 45€.

- CATEGORIA INDIVIDUAL ADULTOS(DE 18 ANOS EN ADIANTE):

1º PREMIO: 50 EUROS

2º PREMIO: 40 EUROS

- CATEGORIA PARA COMPARSAS(TRES OU MÁIS INTEGRANTES DE TODALAS IDADES):

1º PREMIO: 200 EUROS

2º PREMIO: 150 EUROS

3º PREMIO: 100 EUROS

SEXTA: XURADO E PUNTUACIÓN

O xurado a tal efecto será o encargado deotorga-los premios e estará composto por:

- 3 membros da CorporaciónMunicipal

- 2 membros do públicoasistente

Todosos membros do xurado deberán asinar un acta na que se recollan as puntuaciónsacadadas por cada participante e os gañadores de cada categoría.

Obterános premios aqueles disfraces que maior puntuación. En caso de empate,procederase a unha segunda puntuación.

Ospremios poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso, que deberáfacelo constar na acta correspondente.

No concurso valorarase a orixinalidade, avistosidade e a escenificación, valorándose en maior medida os disfraces decreación propia.

SÉPTIMA: ENTREGA DE PREMIOS.

Aentrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vezrealizada a votación polo Xurado, o secretario fará publico o resultado,mediante a lectura do acta correspondente.

OITAVA: OBRIGAS DOSPARTICIPANTES

Aparticipación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentesbases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

NOVENA: RECURSOS

Aresolución de concesión dos premios esgota a vía administrativa e contra elacabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, anteo órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderáformularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade codisposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicióncontencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximexurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es