Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS CARBALLEDO-CHANTADA CELEBRARÁ UNHA XORNADA INFORMATIVA O VINDEIRO DÍA 17 DE MARZO.

Carballedo-Chantada, 14 de marzo de 2017. O Servizo de Orientación
Laboral da Agrupación de Concellos Carballedo-Chantada, cofinanciado pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria, levará a cabo unha xornada
informativa o vindeiro 17 de marzo en horario de 12:00 a 13:00 horas, na Aula
CeMIT (Telecentro) do Concello de Carballedo.
O día 17 de marzo terá lugar a xornada informativa sobre As Competencias
clave, válidas para participar en cursos de formación con Certificados de Profesionalidade
de Nivel 2 e 3 e para determinados Obradoiros de emprego, postos
en marcha por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O obxectivo da xornada é que os asistentes coñezan de primeira man os pasos
a seguir para participar no proceso de avaliación das Competencias Clave así
como estudar a viabilidade de formar un grupo de traballo de cara a preparación
das probas que conducen a obtención da correspondente certificación.
Toda a información relativa ao proceso atópase na páxina http://emprego.ceei.
xunta.gal/portada-competencias-clave
A Xornada terá carácter gratuíto.
Información e rexistro:
 Tlf: 982 466 201 (Sonia-Orientadora laboral)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es