Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidad

CAMPIONATOS PROVINCIAIS DE XADREZ ¿XOGADE¿ (FASE COMARCAL)

O vindeiro domingo día 7 de maio vaise celebrar en Carballedo o Campeonato Comarcal de Xadrez por idades dentro do Programa Escolar ¿Xogade¿ da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Participarán aproximadamente 70 xogadore/as agrupados en 13 equipos de tres concellos do sur da provincia, en concreto, de Monforte, Chantada e Carballedo en diferentes categorías: Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
O obxetivo é a clasificación para o Campionato Provincial de Xadrez que se vai celebrar o 20 de maio en Foz.
O Campionato celebrarase no Salón de Actos do Concello e dará comenzo sobre as 11:00h da mañá, durando aproximadamente ata as 14:00h.
O sistema de xogo é liguilla.
O torneo está organizado polo concello de Carballedo en colaboración co Clube de Xadrez de Chantada e a Consellería de Educación a través do programa Xogade.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Ayuntamiento de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es