O Concello organiza en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do Programa ¿LER CONTA MOITO¿, un contacontos titulado ¿AS COUSAS PEQUENAS CONTAN¿, a cargo de Xulio Varela.
Esta actividade consiste nunha sesión de contos e de historias cuxo obxectivo é demostrar que as pequenas cousas que temos ó noso redor tamén contan historias, so é cuestión de votarlle imaxinación¿ por exemplo, unha linterna pode ser un lucecú, un metro pode ser un caracol, etc¿
Esta actividade vai dirixida a público infantil maior de 6 anos e está prevista para o vindeiro venres 29 na Biblioteca Municipal do Concello, na Barrela a partir das 18:00h.