Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidad

Festa de Nadal 2017

O Concello organiza unha festa de Nadal para todol@s nen@s que queiran asistir, así como público en xeral. A festa consistirá nun espectáculo de teatro infantil con títeres e música en directo titulado ¿FILIPA COS CONTOS¿ a cargo de Fran Campos da Compañía ¿BANDULLO AZUL¿.

Será un espectáculo de 50 minutos de duración para tódolos públicos cheo de historias tradicionais, música e humor no que o actor Fran Campos está acompañado dunha moneca ¿muppet¿, a súa amiga Filipa, coa que fará unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares.

A continuación, @s máis pequen@s terán a posibilidade de ver a Papa Noel e poderán entregarlle as súas cartas e este daralles un pequeniño agasallo.

A celebración desta actividade está prevista para o vindeiro sábado 23 de decembro a partir das 18:00h da tarde no Salón de Actos do Concello, na Barrela.

131217 Cartel

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Ayuntamiento de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es