O Concello organiza unha festa de Reis Magos para todo o público que desexe asistir. A festa constará de tres partes, a primeira constará de animación infantil (música, baile, globoflexia, maquillaxe, etc). A continuación haberá un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos titulado “A HISTORIA DE BLANCAFLOR”, interpretado por Fran Rei e por último, como remate de festa a chegada dos Reis Magos de Oriente.
Esta actividade está prevista que de comezo ás 18:00h prolongándose ata as 20:30h no Salón de Actos do Concello.