Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

Concerto didáctico PICARIÑO

PICARIÑO é unha actividade enmarcada dentro do Programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística, da Secretaría Xeral de Política Lingüística destinado a promover o uso do galego no lecer das actividades de Nadal.

O proxecto musical “Picariño” é un CONCERTO DIDÁCTICO que une tres figuras representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e as poetisas Pura e Dora Vázquez. Nesta actividade de 50 minutos de duración, 2 músicos do grupo A Roda interpretarán en directo cancións e panxoliñas para pais e nais con nenos a partir de 2 anos. Esta actividade comezará ás 17:30h no Salón de Actos do Concello o xoves 28 de decembro.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es