¿PICARIÑO¿ é unha actividade enmarcada dentro do Programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística, da Secretaría Xeral de Política Lingüística destinado a promover o uso do galego no lecer das actividades de Nadal.
O proxecto musical ¿Picariño¿ é un CONCERTO DIDÁCTICO que une tres figuras representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e as poetisas Pura e Dora Vázquez. Nesta actividade de 50 minutos de duración, 2 músicos do grupo A Roda interpretarán en directo cancións e panxoliñas para pais e nais con nenos a partir de 2 anos. Esta actividade comezará ás 17:30h no Salón de Actos do Concello o xoves 28 de decembro.