Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

TRAMITACIÓN ELECTŔONICA EN APROVEITAMENTOS MADEREIROS E LEÑOSOS NA AULA CeMIT

160518 Imaxe

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro.

A Amtega e a Consellería do Medio Rural queren facilitar ás empresas do sector da madeira e particulares a tramitación electrónica relativa aos aproveitamentos madereiros e leñosos.

Terá lugar o 15 de maio no Centro Demostrador TIC e retransmitirase a través de videoconferencia a 23 aulas da Rede CeMIT, entre as cales está a aula CeMIT de Carballedo.

O enfoque da xornada será práctico e estruturarase nos seguintes puntos:

Identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final.

Aplicación de formularios CORWEB na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación na Sede Electrónica con distintos medios sinatura electrónica.

Rolda de preguntas.

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no DOG o pasado xoves, 26 de abril da Orde pola que se regulan os aproveitamentos madereiros e leñosos , que recolle a presentación telemática obrigatoria, para todas as persoas xurídicas e aos seus representantes, así como ás entidades sen personalidade xurídica.

Cada ano tramítanse en Galicia milleiros de solicitudes de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos por empresas e particulares, que coa tramitación online poden realizar estar xestións en calquera momento e sen desprazamentos. Cabe destacar que, aínda que a obrigatoriedade da xestión online non abrangue aos particulares, si lles pode resultar interesante a xornada para realizar trámites como a declaración responsable, que lles permite realizar o aproveitamento forestal desde o mesmo intre da súa presentación, polo que a presentación electrónica ten unha utilidade inmediata.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es