Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidad

Obra de teatro "DONDE AS DAN AS TOMAN"

O Concello organiza en colaboración coa Deputación de Lugo a representación dunha obra de TEATRO titulada ¿DONDE AS DAN AS TOMAN¿, a cargo do Grupo de  Teatro Os Torques  de Burela.

A representación, enmarcada dentro do Proxecto ¿BUXIGANGA¿, trata dunha obra para tódolos públicos, que fará pasar un rato divertido ó público asistente contando as peripecias dun matrimonio, el un vividor que descoida por completo a relación coa súa muller, o que dará lugar a moitos conflitos e problemas.

A representación vai dirixida a tódolos públicos e será o vindeiro 11 de novembro ás 18:0h da tarde no Salón de Actos do Concello, na Barrela.

Poderán asistir todos os veciños e veciñas que o desexen.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Ayuntamiento de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es