O Concello organiza en colaboración coa Deputación de Lugo a representación dunha obra de TEATRO titulada ”DONDE AS DAN AS TOMAN”, a cargo do Grupo de Teatro Os Torques de Burela.
A representación, enmarcada dentro do Proxecto “BUXIGANGA”, trata dunha obra para tódolos públicos, que fará pasar un rato divertido ó público asistente contando as peripecias dun matrimonio, el un vividor que descoida por completo a relación coa súa muller, o que dará lugar a moitos conflitos e problemas.
A representación vai dirixida a tódolos públicos e será o vindeiro 11 de novembro ás 18:0h da tarde no Salón de Actos do Concello, na Barrela.
Poderán asistir todos os veciños e veciñas que o desexen.