Dende o luns 11 ao mércores 20 de febreiro, coa colaboración de AMTEGA e a Fundación Vodafone España, vaise levar a cabo unha nova edición desta iniciativa formativa.
Haberá tabletas para prestar, coas que os usuari@s poderán facer prácticas.
Estes cursos están orientados principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos así como mostrarlles múltiples vantaxes e posibilidades.
Contidos: Conexión a Internet mediante Wifi; Descarga de aplicacións para exercitar a memoria, para comunicarse con familiares e amigos/as; Cámara, Galería, Youtube, Maps; Trámites e xestións online, administración electrónica...