Fondo cabecera Concello de Carballedo

Actualidade

Programa Madrugadores: Conciliación da vida familiar e laboral

"MADRUGADORES" é un servizo de apoio ás familias de carácter gratuito para facilitar a conciliación familiar e laboral

Dende o Concello ponse en marcha este programa co fin de cubrir a necesidade de conciliar a vida familiar, escolar e laboral por parte de pais, nais e titores, por causas que afecten ás familias e requiran unha maior cobertura horaria que a do horario escolar.

Consiste no coidado e atención dos nenos e nenas fóra da xornada ordinaria do colexio a cargo de persoal municipal (Educadora Familiar)

Lévase a cabo de luns a venres de 8h. a 10:00h. a través da realización actividades de carácter lúdico-educativas como xogos, animación á lectura, manualidades, etc, ...

Os/As usuarios/as deste servizo poden ser usuarios habituais (que asistan a diario) ou usuarios esporádicos (os que usan o programa ocasionalmente)

DESTINATARIOS:
Nenos e nenas matriculados no CEIP Xosé Luis Taboada

HORARIO:
DE LUNS A VENRES de 8:00 a 10:00 da mañá

MÁIS INFORMACIÓN:
Para máis información sobre o servizo e inscrición no Concello (Belen ou Raquel)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Carballedo
Concello de Carballedo
Plaza Victor Portomeñe Nº1, A Barrela 27520 Carballedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 466 201 | Fax: 982 466 352
E-mail: info@concellocarballedo.es