No día de hoxe o Concello en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do Programa "LER CONTA MOITO" realizou a actividade "A maxia dos libros".
Este espectáculo de maxia e humor a cargo de Daniel Ares Blanco pretendeu ser unha actividade de carácter interxeracional a través da cal o alumnado de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada e os residentes do Fogar Residencial e Centro de día, poideron disfrutar e compartir este encontro.