O Concello organiza un “CAMPAMENTO DE VERÁN” a través do Programa
Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade, que se celebrará dende o 1 ata o 31 de xullo. Trátase dunha actuación que ten como finalidade ofrecer a oportunidade de gozar do ocio e tempo de lecer ós/ás máis pequenos/as, con actividades lúdico-educativas que fomenten o seu desenvolvemento, a convivencia, a interculturalidade, así como posibilitar ás familias a conciliación familiar e laboral.
Dita actividade é totalmente gratuíta e terá lugar nas instalacións municipais
do Polideportivo, na Barrela, en horario de 9:00 a 14:00 da mañá, realizada por
monitores cualificados.
Poderán participar nenos/as con idades comprendidas entre 4 e 12 anos,
tendo preferencia os/as nenos/as empadroados no concello. No caso de sobrar
prazas tamén poderán asistir nenos/as de máis de 12 anos.
Para inscribirse é preciso remitir ao Concello esta AUTORIZACIÓN acompañada dunha copia da Tarxeta sanitaria da neno/a.
Dita inscripción debe facerse no Concello antes do mércores 25 de xuño.
Carballedo a 6 de xuño de 2025.