Páxina 4 de 21, 208 contidos
O sábado 22 de xuño o Concello organiza a FESTA DOS/AS NENOS/AS. Esta festa será totalmente gratuíta e consistirá na combinación de distintas atraccións como hinchables para diferentes idades, tobogán acuático-terreste, festa da escuma e unha merenda final.
Celebrárase no recinto do Pavillón Municipal a partir das 18:00h da tarde.
Poden participar tódolos/as nenos/as de menos de 15 anos, só é preciso que os pais ou nais firmedes unha AUTORIZACIÓN, que se facilitará no propio Concello e na súa páxina web e a entreguedes no Concello antes do 20 de xuño.
miércoles, 27 de marzo de 2019
martes, 26 de marzo de 2019
Ven á V Carreira Popular de Carballedo e desfruta dun percorrido único, comezando na vila de A Barrela e seguindo polos fermosos camiños que nos adentrarán no interior do concello gozando dunhas paisaxes únicas a carón de pequenos ríos e regatos que alimentan aos numerosos carballos e demais vexetación autóctona.
Por todo isto e moito máis, non dubides en achegarte a correr á V Carreira Popular de Carballedo o día 4 de maio!!!
Data: sábado, 4 de maio de 2019
Hora: Categoría de menores: 16:00h Categoría absoluta: 17:00h
Lugar: A Barrela, Carballedo, Lugo
Distancia: dende 100 a 10700 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Carballedo
Patrocina: Concello de Carballedo
Colabora: Xunta de Galicia, Asociación Miño Ulla GDR5, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e empresas e asociacións locais.
lunes, 11 de febrero de 2019
Dende o luns 11 ao mércores 20 de febreiro, coa colaboración de AMTEGA e a Fundación Vodafone España, vaise levar a cabo unha nova edición desta iniciativa formativa.
Haberá tabletas para prestar, coas que os usuari@s poderán facer prácticas.
Estes cursos están orientados principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos así como mostrarlles múltiples vantaxes e posibilidades.
Contidos: Conexión a Internet mediante Wifi; Descarga de aplicacións para exercitar a memoria, para comunicarse con familiares e amigos/as; Cámara, Galería, Youtube, Maps; Trámites e xestións online, administración electrónica...
miércoles, 6 de febrero de 2019
Páxina 4 de 21, 208 contidos