Páxina 7 de 20, 200 contidos
viernes, 6 de julio de 2018
miércoles, 16 de mayo de 2018
jueves, 8 de marzo de 2018
miércoles, 20 de diciembre de 2017
¿PICARIÑO¿ é unha actividade enmarcada dentro do Programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística, da Secretaría Xeral de Política Lingüística destinado a promover o uso do galego no lecer das actividades de Nadal.
O proxecto musical ¿Picariño¿ é un CONCERTO DIDÁCTICO que une tres figuras representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e as poetisas Pura e Dora Vázquez. Nesta actividade de 50 minutos de duración, 2 músicos do grupo A Roda interpretarán en directo cancións e panxoliñas para pais e nais con nenos a partir de 2 anos. Esta actividade comezará ás 17:30h no Salón de Actos do Concello o xoves 28 de decembro.
jueves, 14 de diciembre de 2017
O Concello organiza unha festa de Nadal para todol@s nen@s que queiran asistir, así como público en xeral. A festa consistirá nun espectáculo de teatro infantil con títeres e música en directo titulado ¿FILIPA COS CONTOS¿ a cargo de Fran Campos da Compañía ¿BANDULLO AZUL¿.
Será un espectáculo de 50 minutos de duración para tódolos públicos cheo de historias tradicionais, música e humor no que o actor Fran Campos está acompañado dunha moneca ¿muppet¿, a súa amiga Filipa, coa que fará unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares.
A continuación, @s máis pequen@s terán a posibilidade de ver a Papa Noel e poderán entregarlle as súas cartas e este daralles un pequeniño agasallo.
A celebración desta actividade está prevista para o vindeiro sábado 23 de decembro a partir das 18:00h da tarde no Salón de Actos do Concello, na Barrela.
jueves, 14 de diciembre de 2017
O mércores 3 iremos a Pazolandia con tódol@s nenos e nenas, con idades comprendidas entre 6 e 12 anos, que queiran ir.
É unha visita totalmente gratuita, tanto o transporte, como as entradas ó recinto. Os únicos requisitos para participar son, estar empadroados no Concello e que os/as pais/nais cubran unha Autorización de participación e a remitan ó Concello antes do día 29 de decembro.
jueves, 14 de diciembre de 2017
O Concello organiza unha festa de Reis Magos para todo o público que desexe asistir. A festa constará de tres partes, a primeira constará de animación infantil (música, baile, globoflexia, maquillaxe, etc). A continuación haberá un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos titulado “A HISTORIA DE BLANCAFLOR”, interpretado por Fran Rei e por último, como remate de festa a chegada dos Reis Magos de Oriente.
Esta actividade está prevista que de comezo ás 18:00h prolongándose ata as 20:30h no Salón de Actos do Concello.
Páxina 7 de 20, 200 contidos