Servizo de Normalización Lingüística
O SNL é un servizo de agrupamento dos concellos de Carballedo, San Cristovo de Cea e Chantada creado ao abeiro da subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O seu principal obxectivo é incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos nos tres concellos.
O SNL atende tanto ao aspecto lingüístico da Administración Local como as necesidades lingüísticas do conxunto da poboación. Así pois, a súa actividade céntrase en 3 eidos fundamentais: asesoramento, formación e dinamización.
Funcións do SNL:
- Asesoramento
- Asesoramento lingüístico para todos os veciños.
- Corrección de textos.
- Tradución de textos.
- Normalización da imaxe, tanto interna como externa, dos tres concellos.
- Formación
- Xestionar e realizar cursos de lingua galega para a poboación en xeral destes concellos.
- Detectar as necesidades formativas do cadro de persoal destes concellos para deseñar un programa de formación lingüística.
- Difundir materiais que faciliten o traballo diario e contribúan ao aumento da competencia lingüística.
- Dinamización
- Promover actuacións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos.
- Recoller e apoiar todas as iniciativas que xurdan nestes Concellos e que teñan como obxectivo fomentar o uso do galego.